IV Foliada dos Panos en Baio

A Praza Jorge Mira acolle este sábado a IV Foliada dos Panos, organizada pola Asociación Cultural Adro coa colaboración do Concello de Zas e da Deputación da Coruña.

Actuarán grupos de música tradicional de toda a comarca e haberá tarbena, callos e carpa climatizada para gozar da festa.

🎶 A partir das 20:00 horas, Baio encherase de música, baile e bo ambiente.