
Na sesión extraordinaria do Pleno da Corporación, celebrado o 22 de decembro de 2025, aprobáronse as seguintes actuacións:
Solicitar unha subvención nominativa á Deputación Provincial da Coruña para a «Mellora da capa de rodadura do vial recta da Anchoa-Hermedesuxo»
Construción dun parque infantil na praza do Concello e subministro de equipamento para os parques infantís da zona da Igrexa e San Roque, con cargo a segunda fase do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos competencia municipal adicional 4/2025 2ª fase do POS+Adicional 4/2025
O Concello de Fisterra ten o compromiso de seguir traballando para desenvolver proxectos ou melloras para os seus cidadáns, reafirmando a súa dedicación á xestión local.


