
A sala museo e a biblioteca municipal xa dispoñen dun sistema de calefacción mediante bomba de calor que fará máis confortables e eficientes enerxéticamente estes espazos.
Así mesmo acometéronse unha serie de melloras nos sistemas audiovisuais do salón de actos que redundará na calidade dos espectáculos e actos que se celebren na casa da cultura Plácido Castro.
Con estas dúas actuacións, completamos unha serie de melloras nestas instalacións ao longo do 2025 invertindo máis de 170.000€ destinados a acondicionar e facer máis eficiente enerxéticamente todo o edificio, o que suporá un importante aforro económico na factura da luz.
Agardamos que disfrutedes destas melloras na Casa da Cultura !!













