Brandomil, presente en FITUR 2026

O Concello de Zas estivo presente hoxe en FITUR na presentación da Asociación Camino Fisterra-Muxía Solpor, un acto no que se puxo en valor o patrimonio do noso municipio.

Durante a presentación, Brandomil foi destacado a través do xacemento romano de Pedra do Altar, da Ponte Vella e da calzada romana, elementos que figuran nos mapas e nas credenciais divulgativas da asociación. Un recoñecemento ao traballo realizado nas escavacións arqueolóxicas de Brandomil, financiadas polo Concello de Zas.

O alcalde de Zas estivo presente neste acto, reafirmando o compromiso municipal coa recuperación, conservación e difusión do noso patrimonio histórico e cultural como motor de desenvolvemento e identidade.