MELLORAS NOS ESPAZOS PÚBLICOS

O Concello de Fisterra continúa a desenvolver distintos traballos de limpeza en todo o municipio.

🔵 Durante estas semanas seguimos coa limpeza e mantemento das rúas, co obxectivo de mellorar os espazos públicos e manter Fisterra limpa, coidada e agradable para a veciñanza e os visitantes.

🔹 Continuamos cos traballos de limpeza, polo que agradecemos a paciencia e colaboración da veciñanza.

📍 Zonas nas que traballou estos días:

▪️ Paseo da Ribeira

▪️ Zona do Castelo

▪️ Beirarrúas do Alcalde Fernández

▪️ Beirarrúas de Federico Ávila

▪️ Zona portuaria (macetas)

▪️ Rúa do Campo

▪️ Zona do Herbal

▪️ Zona da Insua

▪️ Calella Patres

▪️ Rúa Mixirica

▪️ Suarriba

▪️ Paseo marítimo de Sardiñeiro