Atraco a plena luz do día en Santa Comba

Un estanco de Santa Comba, situado na céntrica avenida Alfonso Molina, foi escenario dun atraco a plena luz do día. Os feitos tiverón lugar en torno as 18:30 desta tarde. Tras cometer o roubo, o asaltante fuxiu a gran velocidade polo centro da vila, provocando momentos de gran tensión entre a veciñanza. Durante a fuxida, estivo a piques de impactar contra outro turismo.

A Garda Civil, avisada inmediatamente dos feitos, iniciou unha persecución pola devandita avenida, circulando a escasos metros do vehículo do sospeitoso. Finalmente, o individuo foi interceptado e detido ás aforas da localidade.