Bar Dársena en Malpica de Bergantiños, esencia mariñeira e bo xantar

Estreamos nova sección no medio dixital, un espazo dedicado aos restaurantes nos que vivimos unha gran experiencia culinaria.
Comezamos co Bar Dársena, en Malpica, un bar dos de antes, con esencia mariñeira polos catro costados.

Un lugar no que sentirse como na casa, gozando dun menú do día por 13 €, nun ambiente próximo e acolledor. O trato do persoal é marabilloso e acompaña unha proposta honesta e chea de sabor.

Entre os pratos máis recomendables da carta destacan o polbo á feira con patacas fritidas, o raxo con patacas e as diferentes tortillas que elaboran a diario.

Todo isto acompañado dunhas vistas espectaculares que fan da experiencia algo aínda máis especial.

Máis información en www.bardarsena.com