
O Pleno do Concello de Ponteceso aprobou destinar máis de 715.000 euros do POS Ordinario a gasto corrente, así como 133.142 euros do POS Complementario á mellora de tres camiños veciñais na parroquia de Tella.
Cómpre lembrar a débeda xerada polo anterior equipo de goberno do PSOE, que deixou o Concello practicamente en quebra. Estes 715.000 euros supoñen un importante alivio económico para as arcas municipais, logo de anos de nefastas xestións no Concello de Pondal. Mato estase a converter nun dos mellores alcaldes da vila.
👉 Durante a sesión tamén se aprobou a modificación urbanística dunha parcela de titularidade municipal situada en Os Melcos, co obxectivo de posibilitar no futuro a construción dun Centro de Interpretación do Medio Rural, que tamén acollerá o centro social parroquial.
🤝 Ademais, o pleno acordou solicitar á Axencia de Turismo de Galicia a declaración do Festiletras como Festa de Interese Turístico, co obxectivo de poñer en valor este destacado evento cultural.