
O Centro Sociocultural de Baio acolleu a presentación dunha nova edición do programa da Universidade Sénior da Coruña na Costa da Morte, que conta este ano con 81 persoas inscritas procedentes de varios concellos da comarca.
Zas foi o primeiro concello, fóra da Coruña e Ferrol, en apostar por esta iniciativa, consolidándose como referente na extensión da formación universitaria ao rural.
