A segunda edición de PonteFriki converterá a Camariñas no epicentro da cultura friki

A segunda edición de PonteFriki converterá a Camariñas no epicentro da cultura friki a próxima fin de semana, o 14 e o 15 de marzo.

O polideportivo da Ponte do Porto encherase de maxia, videoxogos e cultura xaponesa! 🇯🇵

🕹️ Este ano duplican espazo con 3 carpas climatizadas para ofrecer o dobre de diversión.

Poderedes desfrutarla do fantástico concerto da pianista e creadora de contido Elesky, da visita de Julio Lorenzo, a mítica voz en galego de Goku 🐉 e de Bocón!

👾 Ademais, haberá unha inmensa zona Gaming, obradoiros, stands comerciais e moito máis.

🏮 E o sábado pola noite… Lanzamento de faroliños de desexos e a gran PartyFriki!

🚌 Hai buses dispoñibles dende A Coruña, Vigo e Pontevedra!

Organiza a Asociación PonteDisfraz coa colaboración do Concello de Camariñas.