
O vindeiro venres 13 de marzo ás 20:00 h o Mercado Cultural de Fisterra acolle a representación de Cortello de Amor, con Carmen Facorro e Javier Castiñeira.
Unha comedia moi galega, con retranca e sotaque, que aborda con humor unha temática moi actual: os disparatados prezos dos alugueiros e o turismo non sostible. Un espectáculo divertido e reflexivo cunha duración aproximada de 75 minutos.
Reserva de entradas:
As reservas poderán realizarse a partir do luns 9 de marzo ás 08:00 h.
As entradas reservadas con anterioridade non serán válidas.
Reservas: culturafisterra@hotmail.com
WhatsApp: 600 96 47 76
Público adulto.
Aforo limitado.
Actividade subvencionada pola Excma. Deputación Provincial da Coruña.![]()