A Xunta Local da AECC de Cabana celebra o seu XXX aniversario cun emotivo xantar solidario

A Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Cabana celebrou o seu XXX aniversario cun emotivo xantar solidario, nun acto que reuniu a numerosos veciños e colaboradores comprometidos coa causa.

O evento serviu non só para conmemorar estas tres décadas de traballo, senón tamén para poñer en valor a importante labor que a asociación desenvolve na loita contra o cancro, apoiando a pacientes e familias, así como promovendo a investigación e a prevención.

Dende o Concello de Cabana quixeron trasladar o seu agradecemento á asociación e a todas as persoas colaboradoras que fixeron posible esta cita tan especial. Así mesmo, destacaron o compromiso constante da AECC e o seu papel fundamental na sensibilización da sociedade fronte a esta enfermidade.

A celebración estivo marcada por momentos de emoción, recoñecemento e solidariedade, reflectindo o espírito de unión que caracteriza á comunidade de Cabana.