
O Concello de Cabana inaugurou esta tarde a Casa Museo Saturnino Cuíñas Lois, situada na antiga casa reitoral de Cesullas, nun acto cargado de emoción e simbolismo para a veciñanza.
A recuperación deste espazo supón a posta en valor dun lugar de gran significado social e cultural, que rende homenaxe á figura do crego Saturnino Cuíñas Lois e que aspira a converterse nun novo punto de encontro para a comunidade.
O acto contou coa participación do alcalde, José Muíño, así como de familiares do homenaxeado, representantes da Igrexa e diversos colectivos culturais e sociais do municipio.
A xornada estivo tamén marcada pola música, coa actuación da Coral de Cesullas e da banda de gaitas Os Farrapos, que contribuíron a crear unha atmosfera especial nun día no que os veciños e veciñas foron protagonistas.






