
Este luns 13 de abril, ás 13:00 horas, terá lugar unha mobilización ante o Centro de Saúde de Baio, no concello de Zas, con motivo do Día da Atención Primaria.
A concentración está convocada en defensa da sanidade pública e contará coa participación de Silvia Longueira, deputada socialista, así como de representantes socialistas da comarca.
A iniciativa busca poñer en valor a importancia da Atención Primaria e reclamar melloras no sistema sanitario público.