
O Concello de Zas organizou este sábado unha xornada formativa sobre primeiros auxilios pediátricos, na que as prazas se completaron en moi pouco tempo.
Unha iniciativa pioneira que consistiu nunha actividade teórico-práctica na que as persoas asistentes puideron adquirir coñecementos e habilidades básicas para actuar ante emerxencias sanitarias.