
O Concello de Mazaricos levou a cabo labores de acondicionamento no contorno do polideportivo e da zona de lecer da Picota, realizando unha posta a punto dun espazo fundamental para o deporte ao aire libre e o tempo de lecer.
🌿 Obxectivo: crear un entorno máis agradable, seguro e funcional para todas as persoas que utilizan estas instalacións, tanto para a práctica deportiva como para desfrutar de momentos de lecer en familia.
Deste xeito, continúase avanzando paso a paso na mellora dos espazos públicos de Mazaricos, reforzando o seu uso e calidade para a veciñanza.