
Carballo é o epicentro da creación. O Atlantic GC e o Carballo Interplay uniron forzas nunha edición histórica chea de talento, público e moito futuro ![]()
![]()
Os protagonistas:
Interplay: Un palmarés internacional con T-REX, Eyes in the Woods e The Struggle for Existence. Ademais, o talento en galego brillou con Miradenovo, Antontísimo e Crossbooking Castelao.
Atlantic GC: Éxito total! Sold out nas charlas e obradoiros con referentes como Maikel Ortega ou Juno Menager, e uns stands vibrantes que demostran que o videoxogo en Galicia non ten teito ![]()
![]()
Coa mirada no futuro
Pasamos de Grecia a Francia sen saír de Carballo, reivindicando o noso e aprendendo dos mellores. Marchamos coas maletas cheas de ideas e coa enerxía necesaria para seguir medrando moitas primaveras máis.