A Concellaría de Deporte ten en marcha un plan de renovación do equipamento das pistas polideportivas de todo Carballo

A Concellaría de Deporte ten en marcha un plan de renovación do equipamento das pistas polideportivas que temos distribuídas por todo o territorio municipal coa finalidade de facilitar e fomentar a práctica deportiva nas diferentes parroquias e de poñer en valor unha serie de instalacións que se sitúan na súa maior parte na zona rural.

Despois das actuacións individuais realizadas en espazos como o CEIP A Cristina ou A Ponte de Bértoa, nestes momentos está en execución unha primeira fase dun proxecto global que permitirá poñer a punto seis pistas nas parroquias de Ardaña, Cances, Carballo (O Chorís e CEIP Bergantiños), Rus (Outón) e Sísamo. O orzamento ronda os 50.000 euros.

O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deportes, Daniel Pérez, percorreron algunhas das instalacións.