A Deputación de A Coruña entrega material a Protección civil de Coristanco

O Concello de Coristanco vén de recibir novo material para o servizo de Protección Civil, entregado pola Deputación da Coruña, co obxectivo de mellorar os sistemas de comunicación e garantir unha resposta máis eficaz nas emerxencias.

Esta dotación permitirá actuar con maior axilidade e coordinación, especialmente en zonas rurais, reforzando así a seguridade da veciñanza.

Equipamento de radiocomunicación actualizado

Mellora da cobertura e conexión en situacións críticas

Coordinación máis eficiente con outros servizos de emerxencia

Dende o Concello de Coristanco agradecen a colaboración da Deputación da Coruña e, por suposto, o traballo incansable do equipo de Protección Civil, sempre ao servizo da comunidade.