
O obxectivo é acondicionar o firme ao tipo de vehículos que por el pasan, así como renovar a sinalización horizontal e vertical.
O alcalde, José Mauel Mato, explica a importancia de garantir “que as vías e estradas de titularidade municipal estean no mellor estado posible”, e resalta que estas obras son relevantes posto que o camiño “dá acceso á AC-419, unha estrada que rexistra unha grande afluencia de tráfico”.







