
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas acaba de adxudicar, por un orzamento de 332.310 euros, a execución das obras dunha senda peonil en Pazos, na parroquia de Pazos , no concello de Ponteceso.
O contrato, adxudicado á empresa Cosmalca S.L., contempla a construción dun itinerario peonil na estrada AC-419, no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 2+990 e 3+350.
O proxecto inclúe a execución dunha senda peonil na marxe esquerda da travesía, unha zona de aparcamento, dous pasos de peóns e o reforzo da sinalización existente. Con estas actuacións búscase mellorar a seguridade viaria, dar continuidade ao itinerario peonil actual e habilitar pasos de peóns máis seguros.