A Praza do Pendón acolleu o espectáculo de Charlatán Rodríguez

A Praza do Pendón, en Cabana de Bergantiños, acolleu este venres o espectáculo de Charlatán Rodríguez, “Rendos Pequenos”, unha proposta pensada para gozar dunha tarde diferente e chea de diversión.

O público puido desfrutar dunha actuación que combinou humor, música, retranca e ilusións, nun ambiente ao aire libre e perfecto para compartir bos momentos en familia e entre amigos.

A actividade converteuse así nunha entretida proposta cultural e de lecer para a veciñanza, que puido achegarse á Praza do Pendón para vivir en directo un espectáculo orixinal, dinámico e cargado de sorpresas.