Activada a zona azul gratuíta da rúa Eduardo Pondal en Ponteceso

Como explicou o alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, o obxectivo é “estimular o consumo no tecido económico local, especialmente agora que está en funcionamento a campaña de comercio”.

As persoas condutoras deberán colocar un disco de control que marque a hora de chegada nun lugar visible do automóbil.

Haberá unha área para estacionar un máximo de 90 minutos e outra para paradas rápidas de 15 minutos.

Esta medida ponse en marcha tras a disposición do aparcadoiro disuasorio na rúa Paseo Fluvial, con capacidade para 80 coches.