
Novas propostas para todos os públicos dentro do programa “O mar de Caión: Un acercamento ao medio ambiente mariño e costeiro”:
Venres 19 ás 18:30 h: Inauguración da exposición sobre aves mariñas “Compañeiras do mar e do ceo”. Poderase visitar ata o 3 de outubro.
Sábado 20 ás 10:00 h: Ruta guiada de observación de aves “Caión con prismáticos. Descubrindo as aves entre o mar e o ceo”.
Sábado 27 ás 11:00 h: Camiñada polo Sendeiro Azul “O mar forma parte inseparable da vida e da historia de Caión”.
Inscrición gratuíta chamando ao 981604328 ou enviando un correo electrónico cos datos persoais a turismo@alaracha.gal.
Organizan o Concello da Laracha e o GALP Costa da Morte.
