
O Concello de Fisterra adxudicou a obra denominada *“Pavimentación de vial en Padrís”*, unha actuación que permitirá mellorar as condicións deste vial e facilitar a circulación e a mobilidade na zona.
*Financiamento:* A obra conta cunha subvención de 42.598,00 € da Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, ao abeiro das axudas para actuacións en camiños rurais 2026-2027, e cunha achega municipal de 8.945,64 €.
*Orzamento de adxudicación:* 50.311,75 € (IVE incluído).
*Prazo de execución:* 4 semanas.
*Empresa adxudicataria:* CONSTRUCCIONES PONCIANO NIETO, S.L.
Con esta intervención, o Concello de Fisterra continúa a apostar pola mellora e conservación das infraestruturas viarias do municipio, especialmente dos camiños rurais.
