Ampliación do legado de Ramón Juega Charlín no museo do mar de Laxe

Hoxe, 25 de outubro de 2025, o alcalde de Laxe Francisco Charlín Orons e a concelleira de Turismo e Cultura Raquel Lema Allo recibiron no Museo do Mar de Laxe a un grupo de descendentes de Ramón Juega Charlín, encabezados por D. Xosé-María Monterroso Devesa-Juega. 👏

🗂️ A visita tivo como finalidade a cesión de novos documentos e informacións sobre Ramón Juega Charlín, quen conta cun espazo propio na 1ª planta do Museo.

📅 O pasado ano 2024 conmemoramos o centenario do nomeamento da Praza de Ramón Juega, un feito que reforza a memoria e o legado deste ilustre veciño de Laxe.

💙 Desde o Museo e o Concello de Laxe queremos agradecer este xesto de cidadanía e xenerosidade cara ao ben común e ao noso patrimonio cultural. Grazas por axudar a conservar e difundir a nosa historia!