Ana Pontón participará en Carballo na homenaxe a Evencio Ferreiro

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participará este [día] na homenaxe a Evencio Ferreiro, quen foi alcalde de Carballo durante vinte e dous anos, entre 2003 e 2025.

No acto tamén estará presente o actual rexedor da vila, Daniel Pérez, que acompañará a Pontón nesta homenaxe ao exalcalde carballés, en recoñecemento á súa traxectoria á fronte do goberno municipal.

A homenaxe terá lugar ás 20.45 horas no Pazo de Vilar de Francos, en Carballo.