
A feira de automoción Berocasión incorpora este ano dúas novidades destinadas a incentivar as compras e crear novas sinerxías entre o sector da automoción e a hostalaría de Carballo.
As persoas que adquiran un vehículo nalgún dos 16 expositores participantes entrarán automaticamente no sorteo de 12 vales mensuais de combustible de 100 euros, cun valor total de 1.200 euros. Os vales poderán utilizarse na estación de servizo Shell As Labradas.
A iniciativa tamén se estende ao sector hostaleiro. As persoas que consuman nos establecementos hostaleiros adheridos recibirán papeletas para participar no sorteo dun vale de 100 euros para gastar na hostalaría local.
Os dous sorteos celebraranse o domingo 30 de agosto ás 20.00 horas, coincidindo coa clausura da feira.
Berocasión poderá visitarse no Rego da Balsa desde o venres 28 de agosto ás 10.00 horas ata o domingo 30 ás 20.00 horas. A feira ofrecerá así unha nova oportunidade para coñecer a oferta dos concesionarios participantes e, ao mesmo tempo, apoiar o comercio e a hostalaría locais.