
A Xunta Local de Cabana de Bergantiños da Asociación Española Contra o Cancro A Coruña organizou hoxe a súa andaina solidaria “En marcha contra o cancro”, unha iniciativa que combinou actividade física, solidariedade e compromiso social.
Desde o Concello de Cabana de Bergantiños quixemos sumarnos a esta fermosa iniciativa e acompañar á veciñanza nunha xornada destinada a visibilizar a loita contra o cancro e a importancia da prevención e dos hábitos de vida saudables.
O Concello quere agradecer e poñer en valor o traballo que desenvolve a Asociación Española Contra o Cancro, apoiando as persoas enfermas, as súas familias e as súas contornas e ofrecendo acompañamento e recursos ao longo de todo o proceso.
Iniciativas como esta “En marcha contra o cancro” demostran, unha vez máis, que a unión e a solidariedade da veciñanza son fundamentais para avanzar cara a unha sociedade máis comprometida coa saúde e co benestar das persoas.
Grazas a todas as persoas que participaron e fixeron posible esta xornada solidaria!



