
O Concello de Cabana mellora a eficiencia enerxética do pavillón permitindo así o aforro dun 62,5% de consumo.
A intervención contou cun orzamento de 29.727 euros con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental.
Os traballos consistiron na substitución de 28 luminarias antigas da pista deportiva por novas lámpadas LED e a instalación dunha bomba de calor na sala de usos múltiples.
O Concello dá un paso máis no seu compromiso coa eficiencia enerxética e a sustentabilidade, ao tempo que ofrece unhas instalacións máis modernas e preparadas para un uso intensivo durante todo o ano.
