
O Concello de Santa Comba pon en marcha unha nova tempada de cachibol, unha actividade deportiva aberta a persoas de todas as idades que combina exercicio físico, diversión e convivencia.
O cachibol é un deporte semellante ao voleibol, coa particularidade de que a pelota se pode coller coas mans antes de pasala ao outro campo. Trátase dunha proposta accesible e dinámica, que se adapta ás capacidades das persoas participantes e permite practicar deporte nun ambiente agradable e participativo.
A nova tempada dará comezo o 22 de setembro e desenvolverase os martes e venres, de 11:30 a 12:30 horas, no Pavillón de Fontenla.
A actividade estará dirixida polo monitor José Manuel Vázquez (Huelvis).
As persoas interesadas en participar ou en obter máis información poden contactar no teléfono 663 728 968.
O Concello de Santa Comba anima á veciñanza a coñecer esta modalidade deportiva e a desfrutar dos seus beneficios, facendo exercicio e compartindo bos momentos en compañía.
