Caión celebra unha Xornada do Mar con carrilanchas pola mañá e música ao longo de todo o día

Caión (A Laracha) vive hoxe unha nova edición da súa Xornada do Mar, organizada pola nova comisión de festas da localidade, que chega este ano con novidades na programación.

Un dos principais cambios é o traslado das tradicionais carrilanchas á mañá. A partir das 12.30 horas, o porto de Caión converterase no escenario dunha das actividades máis divertidas da xornada, cunha cita que promete deixar imaxes espectaculares e moito ambiente entre veciños e visitantes.

A gastronomía tamén terá un papel protagonista. Haberá mexillóns ás 15.00 horas e churrasco ás 21.00 horas, para repoñer forzas e continuar coa festa durante toda a xornada.

A música porá o ritmo desde o mediodía ata a noite. Ás 12.30 horas actuará Bgots, ás 20.00 horas será a quenda de Judith Cundíns e, xa ás 22.30 horas, Peke encargarse de pechar a programación musical.

O porto e as rúas de Caión están a vivir así unha xornada marcada pola diversión, a gastronomía, a música e, sobre todo, polo ambiente festivo.

🎥 VÍDEO | Así se está a vivir agora mesmo a Xornada do Mar de Caión, con moito ambiente e as tradicionais carrilanchas como protagonistas.