Carballo cede suelo público para vivenda a Xunta de Galicia

O Concello de Carballo iniciou os trámites para a cesión dunha parcela de 1.998 metros cadrados á Xunta de Galicia, unha vez que desde o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) se ten manifestado a intención de desenvolver a edificación de vivenda de promoción pública en solo urbano. O solar en cuestión dá fronte ás rúas Médico José Manuel Lado e Sofía Casanova, na zona coñecida como Riotorto.

Coa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) deste venres 13 de xuño do anuncio correspondente, comeza un período de información pública de 20 días hábiles. No caso de que non se rexistren alegacións, é intención do goberno municipal someter a proposta de cesión ao ditame do pleno da corporación na sesión ordinaria de xullo.

A parcela, de titularidade municipal, está valorada en 761.182 euros, tal como figura no informe do arquitecto municipal que forma parte do expediente, que pode consultarse en carballo.gal, na seguinte ligazón: https://carballo.gal/o-concello-de-carballo-inicia-os…/