
O Concello de Coristanco continúa avanzando na mellora das infraestruturas municipais coa posta en marcha de varias actuacións destinadas a renovar a rede viaria e a mellorar a accesibilidade dos equipamentos públicos.
Por unha banda, iniciáronse as obras de mellora da capa de rodadura no núcleo do Outeiro, así como nos accesos ao Porto, ao Cotón e en Buxán. O proxecto conta cun investimento superior aos 199.000 euros, financiado a través do POS+2025 da Deputación da Coruña.
Paralelamente, tamén deron comezo as actuacións de mellora da accesibilidade nos baños e na prestación de servizos do Edificio Multiusos, cunha achega de 33.866,45 euros procedente de Xustiza e Deportes, complementada con fondos propios municipais.
Estas intervencións permitirán adaptar e modernizar os espazos do edificio, incrementando a súa funcionalidade, accesibilidade e versatilidade. O Edificio Multiusos constitúe un equipamento fundamental para a prestación dos servizos municipais, ao acoller os departamentos de Cultura e Deportes, así como a recentemente renovada Biblioteca Municipal.
Con estas actuacións, o Concello de Coristanco continúa apostando pola mellora das infraestruturas, a accesibilidade e a calidade dos servizos públicos para a veciñanza.

