


Veciñanza de Mondego, no municipio de Sada, denuncia a aparición de residuos e lixo depositados de maneira aparentemente ilegal nun paraxe próximo á urbanización de Mondego e nas inmediacións do pazo.
A situación provoca indignación entre as persoas residentes, que consideran especialmente grave que se estean utilizando como vertedoiro espazos naturais situados nunha contorna de gran beleza paisaxística.
Ademais da preocupación polo impacto ambiental e pola imaxe da zona, a veciñanza pide que se investigue a orixe dos residuos e que se determine quen realizou os vertidos. Algúns residentes mesmo expresan a súa sospeita de que o depósito puidese ser intencionado e chegar a utilizarse para responsabilizar, sen probas, a persoas ou colectivos aos que habitualmente se sinala.
Ante esta situación, reclámase ás autoridades competentes que inspeccionen a zona, retiren os residuos e investiguen os feitos para esclarecer quen está detrás destes vertidos.
A veciñanza considera que a protección destes espazos naturais debe ser unha prioridade e reclama medidas para evitar que situacións deste tipo volvan repetirse en Mondego.
