Deterioro do Baixo da Vivenda comunitaria de Santa Comba

O noso compromiso coa veracidade, e contra a manipulación o que están sometidos os veciños de Santa Comba, as veces con actitudes matonís por parte de certos representantes do Concello fai que día a día sigamos denunciando feitos coma este.

Neste vídeo, cedido por un veciño xalleiro, podemos apreciar o estado de deterioro no que se atopa o baixo da Vivenda Comunitaria de Santa Comba.

Mentres algúns prefiren organizar festas “altruístas” en Suíza, rodeados de amigos e en plena sintonía coa secretaria do Centro Galego de Lyss, outros preferimos fixarnos nas carencias do noso pobo.
Xa sen entrar nos usos actuais desta sala, o seu evidente deterioro —con cortinas rotas e tiradas polo chan— ofrece unha imaxe propia dun concello tercermundista.

Unha boa pregunta o aire é quen paga o altruismo, se saen do bolsillo do alcalde ou tamén sae das arcas arruinadas do Concello.