Día de regueifa no FIOT

O Festival Internacional Outono de Teatro levanta o pano cunha homenaxe a unha das expresións culturais máis nosas. Non perdas detalle do que vai pasar hoxe no Pazo da Cultura 👇

🕠 17.30 h

🎥 Proxección do avance do documental “Ao son da regueifa”, de Undodez

🕠 18.00 h

🗣️Mesa redonda “Avarte do canto improvisado”, da man do Consello da Cultura Galega, con Alejo Amoedo, Domingo Blanco, Lupe Blanco e Manuel Maseda

E, ademais, os días 3 e 4 de outubro, estrea de “Territorio Regueifa”, de Ainé Producións e coproducida polo FIOT e o CDG, para inaugurar o programa de sala do festival.

Longa vida á regueifa!