Faladoiros con Alejandro Castro

Explorar as claves para sentirnos mellor é o obxectivo do ciclo de talleres teórico-prácticos «Saúde natural na era artificial», que se levarán a cabo entre outubro e decembro na Biblioteca Rego da Balsa con Alejandro Castro, profesional da acupuntura. Bótalle unha ollada ao programa:

➡️ 14 de outubro | 19.30 h | INTRODUCIÓN. Se hai tanto de todo, por que me atopo mal?

➡️ 4 de novembro | 19.30 h | O MEU CORPO COMO MATERIA E TERRITORIO

➡️ 25 de novembro | 19.30 h | A MIÑA ENERXÍA É RENOVABLE?

➡️ 16 de decembro | 19.30 h | ESPÍRITO E SAÚDE, UN CASO DE CORRUPCIÓN DA MEMORIA

Os talleres do ciclo «Saúde natural na era artificial» van dirixidos ao público adulto e son gratuítos. Cada sesión terá unha duración de hora e media, e non se requiren coñecementos previos.