
Esta tarde, arredor das 18:00 h, os veleiros participantes na primeira etapa da LII Regata Rías Altas fixeron a súa entrada no porto de Laxe, tras completar o percorrido entre A Coruña e a nosa vila .
Un espectáculo mariñeiro que encheu de vida a nosa costa e que se poderá seguir tamén mañá venres 4 de xullo ás 12:00 h, coa saída da segunda etapa!
Adxuntamos algunhas imaxes da velada para compartir con vós a beleza e emoción vividas esta tarde no porto.








