
O teatro reuniu anteonte un numeroso público en Cabana, que puido gozar dunha tarde chea de humor, risas e sorpresas coa representación da obra «Tachán».
As persoas asistentes desfrutaron dunha proposta teatral que conseguiu captar a atención do público e crear un ambiente entretido e participativo durante a función.
A boa resposta dos espectadores volve poñer de manifesto o interese pola programación cultural e teatral no municipio, así como a importancia de seguir achegando espectáculos de calidade á veciñanza.
Unha xornada para rir, sorprenderse e gozar da cultura en Cabana!





