
Os edís do Concello da Laracha José Ramón Martínez Barbeito e Pablo Cambón representaron ao Concello no evento celebrado onte no municipio pontevedrés de Baiona baixo a organización da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
As comunidades costeiras coincidiron en subliñar a necesidade de modificar a lei de costas estatal para garantir o exercicio das súas competencias.