Identificado un furtivo en Laxe con 10 kg de Percebe

Axentes da Garda Civil procederón a identificación onte dun home reincidente con máis de dez quilos de percebe.

O home, natural de Muxía, foi visto no cabo de Laxe por un percebeiro en labores de control. Deu aviso ao patrón maior e ao vixiante do porto, quenes lle quitaron os crustáceos e tentaron retelo ata a chegada da Garda Civil, a patrulla de Malpica, pero fuxiu.

Entón avisaron á Policía Local de Laxe informando dos datos do coche e foi o axente o que deu o alto e mantivo ao furtivo detido ata a chegada dos membros da benemérita. Trátase dunha persoa con antecedentes por este tipo de delitos. Segundo dixo o patrón maior, ten aplicadas medidas de terceiro grao como consecuencia de actuacións en varios bancos percebeiros.