Limpeza e acondicionamento de beirarrúas en Abelleira

O Concello de Muros, a través da concellería de Obras e Servizos, continúa cos traballos de mantemento nas parroquias, actuando nesta ocasión na parroquia de Abelleira.

✅ Durante estes días leváronse a cabo tarefas de limpeza das beirarrúas, así como a roza dos bordes dos terreos, co obxectivo de evitar que as herbas e a maleza invadan os espazos de paso.

✍️ Trátase dunha actuación realizada pola brigada municipal de obras, que continúa traballando para manter en boas condicións os espazos públicos.

👍 Estas intervencións permiten mellorar a seguridade e garantir que a veciñanza poida transitar con comodidade polas beirarrúas.