






Nos nosos camiños, camións descargan lixo coma se o noso barrio fose unha entulleira sen dono. Nas nosas zonas verdes, a maleza crece alta, seca, esperando a faísca que o arrase todo. Hai apenas dúas semanas, volvemos pedir —como tantas veces— que se cortase unha das zonas máis perigosas xunto ás vivendas. Fíxose a medias, alegando a presenza de avespa velutina. Hoxe, esa zona segue igual: un colchón de herba seca que, cun só descoido, pode converterse nun facho ás portas das nosas casas. Non é só deixamento: é poñer en risco as nosas casas. Esiximos
1. Limpeza inmediata de todas as verteduras ilegais e retirada de entullos.
2. Mantemento real e constante das zonas verdes do barrio, sen escusas nin traballos a medias. A seguridade non se negocia.
3. Sancións exemplares a quen utilice o monte como estercolero.
4. Recuperación ambiental das zonas queimadas, con reforestación participativa. Comprometémonos • A denunciar cada vertedura e cada neglixencia.
• A organizarnos para limpar, plantar e protexer. Os montes non son unha entulleira. Son o noso fogar. E un fogar cóidase, protéxese e deféndese.Palabras descoñecidas.