
O alcalde e o presidente da Xunta mantiveron unha reunión para abordar proxectos de calado para o futuro de Ponteceso.
O encontro entre José Manuel Mato e Alfonso Rueda, ao que tamén asistiu o concelleiro de Obras, Constantino Fernández, serviu para tratar, entre outras, as seguintes cuestións:
As obras que o organismo autonómico executará para resolver os problemas de inundacións e a contrución da circunvalación entre Tella e Lestimoño.
O primeiro edil agradeceu a «a boa disposición do presidente, que reafirmou o seu compromiso por seguir mellorando as infraestruturas e servizos dos veciños e veciñas de Ponteceso».