
O BNG de Laxe fixo balance do pleno municipal celebrado o 26 de novembro, no que votou en contra de dous expedientes de convalidación da omisión da función interventora. A formación nacionalista advertiu de que xa se acumulan 18 expedientes OFI no que vai de ano, unha cifra que considera preocupante.
O grupo votou favorablemente aos proxectos modificados das obras de Cabanela (Traba), rúa Villa Amparo e rúa Hospital. Ademais, conseguiu deixar para o seguinte pleno a súa moción sobre o Regulamento de Participación Cidadá.
Na quenda de preguntas, o BNG interesouse polo alumeado de Nadal, a cobertura da baixa do conserxe do CPIP Cabo da Area, a continuidade do PAI, a retirada dos murais do paseo marítimo, a seguridade no camiño da Besugueira, o estado da AC-429 en Serantes e as xestións sobre a fachada do edificio Beiramar.
O goberno municipal anunciou algunhas actuacións e compromisos, pero sen concretar prazos para boa parte deles.
Desde o BNG lamentan que esta falta de planificación siga sendo habitual e cuestionan que se priorice sistematicamente a oferta máis económica fronte á calidade dos servizos públicos.
«Confundir aforro con boa xestión é un erro. Laxe pre
