
O Concello da Laracha ultima o prazo para a presentación de ofertas á licitación do proxecto de humanización e dotación de infraestruturas na contorna do CEIP Otero Pedrayo, unha actuación que conta cun orzamento de 411.000 euros e que permitirá transformar e mellorar os espazos exteriores do principal centro educativo do municipio.
O prazo para presentar ofertas rematará o luns ás 14:00 horas. O proxecto contempla unha intervención integral destinada a mellorar a seguridade, a accesibilidade e a funcionalidade da contorna escolar.
Entre as principais actuacións previstas destacan:
- 🚌 Novo acceso e aparcamento para autobuses escolares e vehículos particulares.
- 🚶 Mellora dos itinerarios peonís e da accesibilidade, facilitando os desprazamentos do alumnado e das familias.
- 🌳 Creación dunha nova área verde e de espazos de uso público, contribuíndo á mellora ambiental e paisaxística da zona.
- 💡 Renovación do alumeado público e mellora da rede de recollida de augas pluviais.
- 🚲 Novos espazos para bicicletas e motos, así como instalación de mobiliario urbano.
A actuación permitirá configurar unha contorna escolar máis segura, accesible, ordenada e funcional, adaptada ás necesidades do alumnado, das familias e do persoal do CEIP Otero Pedrayo.
📄 Toda a documentación relativa á licitación pode consultarse na plataforma Contratos Públicos de Galicia (CPG).
