O Concello de Camariñas comeza as obras das redes de pluviais e saneamento nas vías rúa Principal, Rúa Caramuxeiro e camiño a Lobeiras, en Arou.

En execución as obras para separación das redes de pluviais e saneamento nas vías rúa Principal, Rúa Caramuxeiro e camiño a Lobeiras, en Arou.

Ademais, tamén se está soterrando o cableado eléctrico e, como último paso, pavimentaranse as vías afectadas.