O Concello de Carballo ten en marcha un proceso de selección de persoal

O Concello de Carballo ten en marcha un proceso de selección de persoal polo procedemento de concurso-oposición para a confección de listaxe de agarda de funcionarios/as interinos/as de docentes para impartir as accións formativas no Fórum Carballo:

🔸Cociña

🔸Operacións básicas de cociña

🔸Soldadura por arco baixo gas protector con electrodo non consumible, soldeo “TIG”

🔸Soldadura por arco baixo gas protector con electrodo consumible, soldeo “MIG MAG”

🔸Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais

🔸Operacións auxiliares de montaxe de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións en edificios

Mañá xoves é o último día!

Toda a información, na sección EMPREGO PÚBLICO de carballo.gal