
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural financia parte do proxecto que conta cun presuposto de 120.000€
O Concello de Coristanco informa do inicio das obras do proxecto “Afirmado e mellora da capa de rodadura en varios camiños das parroquias de Ferreira, Agualada e Castro”, incluído no Plan Marco de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrarias 2025-2026 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).
A actuación ten un orzamento total de 121.172 euros, dos que Agader achega 85.131 euros e os 37.362 euros restantes son financiados con fondos municipais.
A empresa Construcciones Pociano Nieto é a encargada da execución, que se desenvolverá nos seguintes puntos: Camiño do Piñeiro (335 metros), praza e vial en Ferreira (1.015 metros), Camiño de Xiralda-Agualada (236 metros) e Camiño da DP-1901 a Lumián (1.195 metros).